RSS
RSS, atom, sindicación, agregación de contidos… Todo vén sendo o mesmo, pero deixémonos de tecnicismos. Se visitas varias páxinas de internet cada día para ver o tempo, as noticias, os resultados deportivos, os teus blogs favoritos ou as fotos dos teus amigos e non queres ir unha por unha, a solución está na sindicación. Un invento caralludo! Non sei como puiden vivir tanto tempo sen un lector RSS.
QUEN TEN RSS?
Pois todos. Hoxe en día, case todos os contidos da web poden ser agregados por este método. Non hai máis que ver o símbolo do RSS na mesma barra do noso navegador para saber se a páxina en cuestión ofrece este servicio. En moitas páxinas tamén teñen unha ligazón específica para explicar como agregar os seus contidos ou para ofrecer a sindicación ás diferentes seccións da páxina.
LECTORES RSS
Deixa que os contidos veñan a ti, non vaias ti a eles. E tes varias opcións, para todos os gustos:
Hoxe, todos os navegadores levan incorporado o seu lector RSS (built-in). Tanto se usas IE (aínda estamos así?), Firefox ou Safari en calquera plataforma, podes utilizar estes programas ou outras extensións (plugins) para ver os contidos agregados.
Tamén son moi populares os lectores RSS online (como o Google Reader) que non son máis que páxinas nas que podes acceder a todos os contidos aos que estás suscrito. Por último, tamén podes instalar un programa no ordenador para que che faga todo o traballo. Tedes todos os lectores RSS aquí.
NESTE BLOG
Para agregar o RSS deste blog, so tes que clicar no xa famosísimo icono laranxa do RSS, e aínda os máis clásicos sempre poden recibir as actualizacións do blog via email clicando aquí.



