Pablo Carballada

Que ben vos preste!

Mapa

Isto ven sendo algo así como o mapa do meu blog. Trátase de asignar unha localización xeográfica a cada cada post ou entrada (GeoPost). Podes manexar o zoom e andar polo mapa de Google que deixei incrustado nesta páxina. Nel vas atopar uns marcadores que, ao ser clicados, mostrarán nun globiño a(s) entrada(s) á(s) que están vinculados.

Alternativamente, en cada entrada do blog xa podes ver un link chamado Mapa, xusto embaixo do título, que te traerá a esta páxina e vaiche indicar a localización exacta que eu lle quixen dar á entrada, no centro do mapa.

Por certo, que de momento, se navegas con Safari, non che vai furrular.

Este é o mapa do blog: