Pablo Carballada

Que ben vos preste!

Fotos

Para ver todas as fotos que teño disponibles, só tes que botar unha ollada no meu Flickr. Ésta pareceume a mellor páxina para compartir as fotos. Aí podes velas todas, comentalas, baixalas ao disco duro no tamaño orixinal, e mesmo ver cando e onde foron sacadas. Levoume o meu traballiño situalas no mapa, xa que para estas cousas son bastante perfeccionista.

E parece que seguen aumentando as aplicacións do Flickr, xa irei informando. Igual que este blog, a páxina do Flickr comezou como un intento de publicar as fotos da viaxe que fixen por Sudamérica en Febreiro e Marzo do 2006. Finalmente, gustoume a experiencia de ter unha páxina na que colgar as fotos e acabei engadindo álbumes doutras viaxes e estou preparando outros que virán no futuro…

Estes son os álbumes dispoñibles neste momento na miña páxina do Flickr:

Ademáis, tamén podes explorar esta interesante páxina doutros xeitos. Xa sabedes que isto da web 2.0, como lle chaman os entendidos, trae moitas novidades ao noso xeito de navigar por internet, e as páxinas de fotografía como o Flickr non podían ser menos. Anímate e crea unha conta. Concretamente, no meu Flickr podes cotillear nas seguintes páxinas:

  • Perfil, no que tes un mapiña cos países que visitei, a miña lista de contactos do Flickr e os grupos nos que vou deixando algunhas fotos que creo que paga a pena compartir.
  • Coleccións e álbumes, onde podes acceder as fotos dun xeito organizado.
  • Mapa, que ten varias páxinas e organiza as fotos segundo a súa localización xeográfica.
  • Etiquetas, onde tamén podedes acceder as fotos a través das tags que eu lles puxen.
  • Arquivos, dende onde se poden explorar as fotos organizadas por datas.
  • Favoritas, que son fotos que gostei especialmente doutros usuarios e que gardo neste apartado.