Arquivos da categoría 'Música'
Festival do Castro
A ver se na terceira vai a vencida! Este ano vaise celebrar unha nova edición do Festival do Castro de Ferreira de Pantón, que foi aparecendo e desaparecendo do calendario festivo de agosto aseghún os caprichos do destino.
O Festival do Castro foi un dos primeiros de Galicia no que se refire á música tradicional galega. Desapareceu ben cedo e foi relanzado de novo por Carlos Núñez, a mediados dos 90, e falo de memoria porque non lembro ben o ano, pero foi no mesmo verán en que viñeran Los Rodríguez a tocar a Ferreira. Pouco durou e desapareceu outra vez durante sete anos. Cando xa parecía que o Festival estaba perdido para sempre reapareceu no 2006 gracias á Asociación Cultural O Castro, e parece que desta vez xa imos ter unha terceira edición consecutiva.
Hoxe a música tradicional deu paso a outras sonoridades e temos un festival bastante enxebre no que se misturan os sons celtas ou bravús con outros máis estridentes. Aparte da música, os festivaleiros chegan nunha boa época para desfrutar dos productos da terra e da esmorga autóctona…
Xa hai camisetas para a edición 2008 e mesmo parece que as actuacións están apalabradas. A data tamén parece fixa: o sábado 23 de agosto!
Pois nada, avisados estades. Vémonos as caras.
2 comentarios





