Pablo Carballada

Que ben vos preste!

Arquivos da categoría 'Internet'

A crise de Juancar

Polo que se ve nos telexornais temos unha crise que nin dios, o maior paro da UE e xa hai quen teme un corralito e non lle deixen sacar os cartos do banco. Non sei se será para tanto pero si sei, porque sae no BOE, o único xornal madrileño e de fiar que coñezo, que a crise aínda non chegou á Casa Real.

A Juancar non lle chegaba co seu modesto salario e alguén decidiu que había que subirllo. Será o único español con un aumento considerable de cartos frescos para o 2009… pero claro, Juancar é El Rey de España… campechano, como din pero aí, pero Rei, que carallo!

Agora que, pensando ben o asunto, e xa que el non ten que pagar aos empregados, non fai a compra, o persoal de seguridade cobra do Ministerio de Interior, as viaxes son pagadas polo de Exteriores e as mansións e outras propiedades as pagamos todos tamén a través de Patrimonio, o que vai facer este homiño cos case 9 millóns de euros que lle imos dar á Casa Real no 2009?

Pensei en algúns gastos reais que pode ter:

  • Cacerías de osos protexidos en Rusia (pobre Mitrofán).
  • Visitas privadas a Marrocos, Xordania ou Arabia para visitar a dictadores (amiguiños, iso si).
  • Misas para honrar a memoria do seu Caudillo (é de bon nacido ser agradecido).
  • Fariña (disque gastan moita nesa casa).
  • Retoques estéticos para a nora e as fillas (haiche cousas que xa non se poden amañar).
  • Bocatas de xamón para os colegas que ten no caldeiro (logo saen, tranquilos).
  • Pilinguis para encherse de orgullo e satisfacción (non sei se aínda ten idade pra iso)
  • …e debe haber moito máis que nós, simples súbditos sen responsabilidades de estado, non podemos nin imaxinar.
Juancar

A verdade é que son moitos gastos e temos que axudar entre todos, a pesar da crise… Propoño traballar todos unha hora máis á semana para poder engordar o escaso orzamento da Casa Real e que Juancar poda afrontar todos eses penosos gastos que son fundamentais para garantir a democracia e o Estado de Dereito no Imperio Pequeno.

3 comentarios

Entrada anterior »