Medalleiro olímpico
Todo o mundo sabe como quedou finalmente o medalleiro oficial dos Xogos Olímpicos deste ano. Todos menos os gringos, que se dan como vencedores porque teñen máis medallas que os chinos no total, e xa se sabe que unha de ouro vale o mesmiño que unha de bronce. E os demáis matándose como parvos para conseguir a medalla de ouro… coitados! Aquí deixo a clasificación final do medalleiro.
- China
- Estados Unidos
- Rusia
- Reino Unido
- Alemaña
- Australia
- Corea do Sur
- Xapón
- Italia
- Francia
Aínda así, estas clasificacións parécenme moi inxustas. Non se pode comparar na mesma táboa a un país que ten a quinta parte da poboación mundial con unha illa do caribe. O número de medallas tamén é algo relativo, se temos en conta que nalgúns deportes hai so un podium e noutros deportes repártense medallas a esgalla. Un país que destaque nos deportes de equipo e non teña tanta tradición nos deportes individuais, como o Brasil (por exemplo), aparece so na 23ª posición do medalleiro. Nada como ser un superespecialista nalgún deporte multi-medallista para arrasar na clasificación.
Dito isto, podemos tentar facer outro tipo de cálculos. O máis tradicional de todos é o que relaciona o número de medallas coa poboación do país. A clasificación ficaría así:
- Bahamas
- Xamaica
- Islandia
- Eslovenia
- Australia
- Cuba
- Nova Celandia
- Noruega
- Armenia
- Bielorrusia
E se temos en conta a riqueza do país? Se relacionamos o número de medallas co PIB, teríamos a seguinte clasificación:
- Cimbabue
- Mongolia
- Xamaica
- Armenia
- Xeorxia
- Quirguicistán
- Taxiquistán
- Quenia
- Cuba
- Bielorrusia
E despois desta pequena lección de xeografía deportiva, volto ao Imperio Borbónico para analisar u pouco a actuación dos deportistas que representaron a España na cita olímpica.
O resultado final foi bastante pobre se o comparamos co de Barcelona ‘92, pero tendo en conta a atención que centra o fútbol e o que queda para os outros deportes, xa me parece bastante: 5 medallas de ouro (18 en total). Ou sexa: 14º posto no medalleiro oficial, 40º e 63º postos nas outras dúas clasificacións alternativas, moi lonxe dos países europeos do entorno.
Galicia tivo unha actuación máis que aceptable nestes xogos. No cómputo por Comunidades Autónomas, so estamos superados polas Illas Baleares, e no medalleiro oficial estaríamos no posto 31º (se nos deixasen participar):
Antón Paz e Fernando Echavarri conseguiron a medalla de ouro en vela, na clase tornado.
Carlos Pérez Rial (Perucho) tamén gañou o ouro acompañado polo catalán Saúl Craviotto en piragüismo na categoría de K-2 500 metros.
David Cal, o abandeirado da delegación española, levou dúas pratas, tamén en piragüismo, nas categorías de C-1 1000 metros e C-1 500 metros. E xa leva catro.- Javier Gómez Noya e Iván Raña so puideron ser cuarto e quinto na proba do triatlón na que eran favoritos.
- As palexeiras Teresa Portela e Sonia Molanes foron quintas na categoría de K-4 500 metros, facendo equipo coa checa Jana Smidaková e a andaluza Beatriz Manchón.
Aínda non hai comentarios nesta entrada.
Escribe aquí o que che pete:




