Arquivos de Setembro de 2007
Vuelta a España
Aquí deixo o vídeo que grabei na saída da Vuelta a España en Vigo o 1 de setembro de 2007.
Como todos agardabamos, unha das grandes atraccións nesta primeira tirada era Óscar Pereiro, o ídolo local. O corredor de Mos gañou o Tour de Francia do 2006 pero este ano non andaba ca cabeza no seu sitio e non deixou boas sensacións. Ademáis, no seu equipo, por moito que digan, non deixa de ser a segunda ou a terceira opción, detrás de Valverde e Karpets. Aínda así, este ano Denis Menchov non tivo rival.
A outra atracción en Vigo era o debut nunha grande do Karpin Galicia, o primeiro equipo ciclista profesional galego. Leva todas as atencións dos siareiros gracias ao feito de ser un equipo case enteiramente galego, única saída profesional para as promesas que veñen do campo amateur e lugar de encontro para os profesionais xa establecidos. O seu director é Álvaro Pino e o mecenas non podía ser outro que o principal patrocinador do deporte local, Valery Karpin.
1 comentario


