Pablo Carballada

Os nomes galegos

¿Alguén pensou en poñerlle un nome galego aos seu fillos? Hai bastantes anos que xa se pode, pero os nomes en castelán seguen sendo maioría nos nenos galegos. Vexamos…

Ata o século XV, os nosos antergos gastaban nomes galegos. O normal nun lugar como Galicia (ou Galiza), no que se falaba o galego e onde non existía o bilingüismo armónico (que tan armoniosamente está acabando coa nosa cultura) era que a xente tivese nomes e apelidos galegos. E nen sequera eran do Bloque!! Ademáis, como ainda non existía a RAG nin o Plan de Normalización Lingüística nin gaitas desas cada un escribía o seu nome como lle petaba, que case sempre era ao estilo autóctono. Vaia, o que hoxe diríamos reintegracionista… Pero non vou seguir por aí…

E foi aí, neses oscuros tempos tardomedievais, entre o XV e o XVI, cando os galegos, gobernados polos Reis Católicos dende algún lugar a duas semanas de viaxe a cabalo, gañáronse a honra de merecer a atención real en tempos da épica colombina. Refírome á tristemente famosa “Doma e Castración” de Galicia. Arrhostia!! Naqueles tempos non se andaban con mariconadas políticamente correctas e chamaban ás cousas polo seu nome.

Os Reis Católicos estableceron unha serie de pautas a seguir para evitar que os revoltados galegos seguisen causando problemas ás suas graciosas Maxestades. A principal foi a eliminación da nobreza autóctona e a sua sustitución por outra máis dócil. Tamén interviñeron para desgaleguizar a xerarquía eclesiástica así como calquera forma de poder civil ou social. A isto sumaron unha serie de medidas para marxinar a lingua e a cultura galegas.

No que atinxe aos nomes de persoa, o novo marco legal proibía poñer calquer nome galego aos batizados. Para iso contaban coa sempre inestimable axuda da Igrexa Católica, que procedeu a cumprir as ordes reais. Os nenos galegos pasarían entón a ter nomes casteláns, obrigados pola Lei e polo cura párroco de turno. O mesmo pasou con moitos apelidos que, desgraciadamente para os seus donos, foron deturpados ata extremos que rozan o ridículo.

Aquí un cadriño sobre a evolución dos nomes de persoa en Galicia:

A proibición chegaría, na práctica, ata o fin da dictadura de Franco. Case 400 anos. Pero a realidade é ainda máis dura. A pesar da liberdade que existe para nomear en galego aos fillos e para galeguizar os apelidos deturpados, ainda hoxe é unha tendencia minoritaria.

¿Quen non coñece a algún parente ou amigo que lle puxo un nome ben español ao fillo ou filla porque en galego quedaba algo así como… non sei… nacionalista?

Iso evidencia a politización da sociedade galega, que chega mesmo ata os ámbitos familiares máis íntimos. Na miña opinión isto é só a punta dun grandioso iceberg, o dos que queren que a españolización (ou castelanización, como queirades) de Galicia continúe ao seu ritmo actual, a machete, marxinando a lingua e a cultura propias do país e facendo que a xente acabe identificando todo o galego, o que ten que ser noso, de todos, cunha determinada opción política, paso previo para deslexitimar e desprestixiar, ainda máis, o seu uso.

9 comentarios

  1. Xosé - 25 de Maio de 2007 22:22

    Xa sabes que eu o cambiei hai tempo, e claro que tuven que oir os típicos gilipollas dicindo que si era do BNG ou que, ou tamén a os reintegratas, que non sei que é pior, dicindo que mellor me quedara co José pero cambiase a pronunciación.

  2. Pablo - 26 de Maio de 2007 20:56

    O que quería destacar era a baixa incidencia dos nomes galegos en comparación co que pasa en Euskadi ou Cataluña, onde os nomes en castelán son minoría. E creo, porque son malpensado, que unha das razóns é iso, a politización de todo, ata dos nomes.
    Tampouco axuda a situación lingüística do galego. Penso que moita xente escolle un nome galego máis por exotismo que por outra cousa.

  3. María José - 4 de Agosto de 2007 22:15

    Buscando nomes galegos prá tradución dun conto tropecei con esta páxina. ¡Moitas gracias!

  4. Aurora - 5 de Agosto de 2007 20:03

    Eu, son profesora de galego, así que gustoume tropezar con esta reflexión que penso lerlle aos meus alumnos, coma un comentario máis dos que que adoito facerlle como ex. dos atropelos, humillacións, e desprestixio que aínda hoxe sofre a nosa lingua fronte o tan parlado e reclamado castelán para unha gran maioría de galegos como lingua de uso cotidiano.

  5. Alma Dosil - 16 de Outubro de 2007 13:36

    Estou de acordo, non se pode falar en galego sen que che tilden de nacionalista ou similar, con máis de un mal xesto me teño atopado por falar galego en Galicia. En fin, paciencia, que non queda outra.

  6. Ramón - 25 de Outubro de 2007 12:14

    Dá gosto ler cousas coma ista. Eiquí en Vigo xa estaba eu a pensar que era o derradeiro dos moicanos. Teño unha empresa na que por decisión conxunta co meu socio tentamos desenvolvernos totalmente en galego. Non vexades o calvário que supón perante a administración (mesmo autonómica). Xa non vos digo nada dos comentarios que me fan os clientes por usar o galego. Agás cumprimentos, teño que ouvir de todo: coñas, impertinencias, ata mesmo que marchen clientes indignados porque estoulles a impor o galego. O pior, case todos son galegos.

  7. Cecília Guerra - 17 de Decembro de 2007 21:00

    Estava à procura de nomes galegos e encontrei esta página. Sou portuguesa mas gostaria de dizer que adoro o galego, pela proximidade que tem com a língua portuguesa, pela sonoridade e por ser mais belo que o castelhano (na minha opinião claro). Também gosto muito de música galega como a dos Luar na Lubre por exemplo.
    Acho que os galegos devem ter muito orgulho na sua língua e na sua cultura e não deixarem apagar a sua memória, as suas tradições, e tudo o que constitui a sua identidade. E se chamam de nacionalismo, porque há-se ser considerado um defeito? Porque não há-de um povo ter orgulho na sua história e na sua identidade próprias? Tal como cada ser humano, todos somos diferentes, e temos que respeitar essas diferenças. Errado é impor a nossa cultura aos outros. A riqueza do mundo está na diversidade e no respeito por ela.
    Portanto, galegos não desistam! E não deixem morrer a vossa identidade.
    ps: como dizia Fernando Pessoa “A minha Pátria é a minha língua”.

    Espero que consigam entender o meu texto, está escrito em português, mas penso que o português e o galego são tão parecidos que é fácil entender.

  8. Iago Vidal - 4 de Outubro de 2008 22:36

    Teño 14 anos, nacín e vivo en Elche (Alicante), pero toda a miña familia é galega, e viven en Galicia, menos os meus pais claro. O que quería dicer e que tedes toda a razón, que sería unha pena que se perdera unha língua tan bella como é o galego, a mín é a lingua que mais me gusta (incluso mais que o castelán), de feto eu daría o que fora por poder ir a vivir a Galicia e aprender a falar-lo, tamén me gusta moito a música galega (Luar na Lubre é o meu grupo favorito). Eu penso que devíase fomentar mais a fala do galego porque, en definitiva, é unha língua preciosa.

    P.D.
    Vos pido me perdoñades as faltas porque, a mín me supoñe un esforzo escribir en galego xa que, como sabedes, non teño a oportunidade de aprendelo (aunque me encantaría) e logicamente non podo falalo correctamente, aunque fago o que podo.
    Moitas grácias e un saludo.

  9. Roi - 4 de Xaneiro de 2010 2:41

    Boa paxina, mais, non hai nada que fazere, a maioria imponse e quere castellanizarse. Tampouco axuda penso, escribire ca ortografia de 1981, castellana, e non ca de sempre, a orixinal, a da literatura galega medieval que o contrario que de Rosalia si sabian escribire galego.
    Unha pregunta, oin que o sonido Z non era orixinal daqui, senon veu do cstellano, poder ser esto certo?

Escribe aquí o que che pete: