Pablo Carballada

Carballada

Hai tempo que eu viña “profundando” na idea de facer un post adicado a este meu apelido materno, Carballada, pois no seu día procurei algunha información que me parece interesante compartir con outros que se chamen igual.

ETIMOLOXÍA

Parece bastante evidente a orixe etimolóxica da palabra carballada. Está claro que é un apelido galego e case podemos adiviñar o seu significado.
Hoxe non existe esta palabra no galego actual. Pode ser que sexa derivada de carballeda, que ademáis é moito máis abundante entre os apelidos galegos e que significa o mesmo que carballeira: lugar poboado de carballos. Non é necesario que vos lembre o que é un carballo.
Podemos asumir que carballada é unha variante de carballeda, que deriva de carballo. Pero de onde vén carballo? Como non son filólogo permítome citar a alguén que si sabe destas cousas, como Xosé Luis Méndez Ferrín, que deixou ben claro na Caixa dos Apelidos que escribe os domingos no Faro, que as orixes da palabra carballo constitúen un enigma ben arcaico pois a súa raiz é preindoeuropea e tiña significados como rocha, cousa de constitución dura, planta de monte áspera e dura”. Posteriormente, sobreviviu ás linguas prerromanas e ao latín para dar diferentes palabras nos idiomas europeos modernos, sempre relacionadas co monte e as súas plantas. Entre elas está o galego-portugués carballo ou carvalho, pero tamén o euskera karbara.

Como curiosidade, podemos engadir que si existe a palabra carvalhada no portugués do Brasil. Alí, nalgúns estados do interior e o nordeste, a carvalhada é unha festa tradicional parecida ás festas de mouros e cristiáns de España, e mesmo o goberno emitiu estes selos.
Hai varias aldeíñas en Portugal chamadas Carvalhada, nos concellos de Amarante, Lamego, Vila Real e Oleiros.
Non existe o apelido Carvalhada.

ORIXE DO APELIDO

Como todos os apelidos do país, o noso comezou a herdarse nalgún momento entre os séculos XIV e XV. Seguramente ten orixe toponímica, o que quere dicir que foi un sobrenome que se lle puxo a unha familia que vivía nun lugar así chamado e que despois ficou petrificado en forma de apelido, seguramente na forma “da Carballada”. O “da” teríase perdido na escuridade dos séculos, como lle pasou ás preposicións de case todos os apelidos toponímicos.
Hoxe non existe ningún lugar, aldea ou parroquia en Galicia que se chame Carballada, ainda que si existiu, concretamente na parroquia de Martín, concello de Bóveda (Lugo) un lugar, ou mellor dito, unhas pedras no río que atravesa o lugar e que os veciños chamaban A Ponte da Carballada. Nesta aldea é onde atopamos a maior concentración de Carballadas!!

O devanceiro máis antigo do que teño noticia é Pedro Carballada, que andaba en pleitos cun tal Bartolomé de Vilaboa en 1597, e que está documentado no catálogo de Particulares nos fondos documentais do Arquivo do Reino de Galicia.

Teoría alternativa: Pode ser que Carballada sexa simplemente unha variación ou deturpación máis ou menos recente do apelido Carballeda, tamén orixinario de Lugo pero moito máis frecuente. De ser así, deberíamos considerar a Ponte da Carballada como unha denominación posterior á da familia.

EMIGRACIÓN

Éste é un apelido en perigo de extinción, como case todos os apelidos raros. Hoxe hai máis Carballadas fóra de Galicia e mesmo de España que no propio país. Isto é debido, principalmente, á forte sangría migratoria que sufriu o interior de Galicia nos últimos 200 anos. Imaxinade as condicións de vida en Martín (Bóveda) no século XIX… ou agora!
Foron varios os que emigraron aos Estados Unidos nos anos 20 e 30 e que están rexistrados nos arquivos de Ellis Island, o centro receptor de inmigrantes, fronte á Estatua da Liberdade. Isto explica que hoxe vivan neste país un importante número de persoas con este apelido, concentrados nos estados de New York e Ohio, principalmente.
En menor número chegaron a Cuba, e de aí, posteriormente, á Florida, Puerto Rico e México.
Pero o grande receptor foi, como non, a Arxentina, país no que viven máis Carballadas que en España, ainda que iso pasa tamén con moitos outros apelidos galegos.

ESTATÍSTICA

O Instituto Nacional de Estadística sacou esta interesante páxina na que podemos procurar os apelidos dos residentes inscritos no padrón do Reino de España.
Isto pode ter diferentes aplicacións, por exemplo, coñecer a provincia de orixe do apelido en cuestión e o patrón das migracións dos seus portadores. Ademáis, temos a opción de elixir se queremos procurar as provincias de residencia ou as de nacemento.
O único problema é que se o resultado nunha provincia é menos de 5, non aparece, e eses individuos pasan á categoría de Resto.
Eu procurei o apelido Carballada, por lugar de residencia e de nacemento (clicade para ver os resultados) e aquí temos algunhas conclusións:

  • O apelido orixinouse na provincia de Lugo (iso xa o sabiamos). Aproximadamente o 60% dos Carballadas (como primeiro ou segundo apelido), naceron en Lugo, ainda que só un 37% viven ainda na provincia.
    Os camiños da emigración interior levaron aos Carballadas ao resto de Galicia (á Coruña, preferentemente, e a Pontevedra) e, por suposto, a Barcelona e Madrid.
  • Algunhas provincias desaparecen do mapa se nos limitamos á procura por nacemento (ou é que naceron menos de 5 nesas provincias?).
  • Outras 35 persoas levan o apelido Carballada nas provincias non maioritarias (Resto)
  • Un dato curioso: 4 persoas apelídanse Carballada Carballada, pero non naceron nin viven en ningunha desas provincias maioritarias.
  • Somos 397 no Imperio (non sei se estou incluido na conta) e algúns máis que están de camiño. Se mantemos a balanza positiva pasaremos dos 400, que case non dá nin para encher o cine da esquina.

En Galicia, a Xunta e a Universidade de Santiago acaban de lanzar estoutra páxina, e podedes consultar a distribución deste apelido por concellos aquí!!
O mapa da frecuencia relativa do apelido Carballada nos concellos galegos (padrón do 2001) quedaría así:

Nota: Esta páxina actualízase de cando en vez, cando vou atopando novas cousas sobre o noso apelido.

33 comentarios

  1. SurOeste - 21 de Novembro de 2006 8:49

    Fascinante.

  2. Carlos Carballada - 21 de Novembro de 2006 18:48

    Saludos desde Puerto Rico.
    Que sorpresa leer esto!! Mi abuelo llegó aquí procedente de Cuba, y su padre era de esa aldea de Lugo que mencionas. Somos primos? No entiendo bien el gallego, aunque un amigo brasileño me ayudó con la traducción.

  3. Pablo - 21 de Novembro de 2006 19:18

    Hola! supongo que, aunque lejanos, somos algo primos!! Creo que todos los Carballada salieron de esa aldea. En mi familia fue mi tatarabuelo, un tal Juan Carballada Pumar. Era de Vilamaior (en Fiolleda, cerca Martín-Bóveda y de Monforte), aunque se casó en Moreda-Pantón, que es donde radica la rama de mi familia, supongo que desde finales del XIX.

    Quien no entienda el gallego, que me contacte y yo le paso la traducción. No me di cuenta de ese detalle.

  4. Joe - 22 de Novembro de 2006 22:57

    Thanks for the translation. Found it very interesting.

  5. Jacobo - 23 de Novembro de 2006 10:51

    Saludos de un Carballada mas.
    Me hace muchisima ilusión leer esto.
    Mis abuelos vivian en Martín (Bóveda).
    “La casa de los Carballadas” en Martín la ha heredado mi tio Javier Carballada y la está arreglando de manera espectacular.
    Creo que nos deberiamos poner todos en contacto y encontrar nuestro parentesco.

    Saludos desde Praga!!

    j.carballada@loginconsultants.nl
    jacobo.carballada@gmail.com

  6. Mrs.Doyle - 24 de Novembro de 2006 13:11

    De aquí pode saír, ademáis dun fermoso reencontro, unha boa historia ou un bo guión…

  7. Pablo - 24 de Novembro de 2006 17:00

    Siiiii, imaxina o guión, sería unha comedia tirando a drama… unha churrascada organizada nunha carballeira con todos os Carballadas, os banqueiros yankeys, os misioneiros, os revolucionarios cubanos, os contrarevolucionarios cubanos, os emigrantes de antes, os emigrantes de agora e os da aldea de sempre… ah, o churrasco o fan os arxentinos, claro…

  8. Anónimo - 9 de Decembro de 2006 16:10

    Look,
    Carballada é unha variante castellanizada de carballeira
    que ven do latin kerkenum.
    e dicir carballo = madeira celta noble, que deu carbono a xente que vive perto dun carballo.
    Eu son da célula de base, a choupa original eu lémbroa coma un horto desgraciadamente eso desfixose nos ultimos anos e hai a casa, que debe ser do 1808, da guerra contra Napoleon…
    Hay unha praza que se chama a Carballada nese Martín que vostede fala.

    Hai Carballadas de Martín , hay Carballadas de Moreda, hay Carballadas de Pantón, eu son de Arxentina, hai ramas en Córdoba, Arxentina de Martin etc etc
    din que Martin é a base, eu non sei como di o outro carballadas de todo el mundo unios.
    O da orixen do nome e kerkenum, carballo en latin que deu todos os franceses Charbonneau

  9. Pablo - 9 de Decembro de 2006 17:19

    Hola anónimo, aqui deixo as palabras exactas do profesor Xosé Luis Méndez Ferrín sobre a orixe da palabra “carballo”: (publicado no Faro de Vigo: Un Ferrado de Apelidos III). Se tes outra referencia, gustaríame sabela.

    Carballo é palabra galega que designa varias especies vexetais do xénero Quercus, especialmente o Quercus robur. Despois da romanización lingüística, durante un tempo competiron en Gallaecia dúas palabras para designar tal árbore. Unha, autóctona e adaptada ao latín vulgar como *carbac’lu, e outra, en latín vulgar robore, puramente romana. Venceu *carbac´lu, que se convertiría en carballo, e robore retirouse deixando atrás algún nome común (rebolo) e sobre todo moitos topónimos: Reboreda, Rebordechán e así. A raíz de carballo é prerrománica e preindoeuropea ou sexa, sobrevivinte, do estrato lingüístico máis antigo. Constitúe, con outras verbas do grupo, un enigma arcaico que ultrapasa Galicia e atinxe amplas áreas de Europa onde aparecen toponimia e léxico concomitante con carballo.
    Escoitemos a Elixio Rivas cando fala da base *K-R “rocha, cousa de constitución dura, planta de monte áspera e dura”. Dase como preindoeuropea: Alessio, Fouché, Dauzat, Tagliavini… A base *K-R houbo de se multiplicar en enfatizacións e gran número de alternancias, para encher o campo semántico tamén na flora de montaña e de constitución dura. En Carp- (Cf. montes Cárpatos, cordal entre os Alpes e Hungría), é o gal. Carpaza “érica anana”, típica dos nosos montes; o abundancial: carpanzal, carpaceira, carpacedo. Máis abunda na forma sonorizada Carb-. Por Galicia, N. Port. e parte do leonés, vive carba “cerqueira de carballo miudo” ou tropeza. Forma derivada, moito máis extensa, é o galego carballo, portugués carvalho, leonés carbajo, asturiano carbayu. O vasco karbara “tronco, toro”, corresponde co gal. e sant gáraba, ast. garabu, garbu “rama delgada”. No port. gravalha, cabirzo “tropeza”; salm. cabirzo “tropeza de carballiza” e carbizal “lugar de cabirzo”. Derivado parello é o it. dialectal (Volscos) garbasso “tropeza”.

    Por outro lado, estimado anónimo, os Carballada de Moreda, Pantón e mesmo Fiolleda son todos da mesma familia (a miña) e descenden do Carballada que citei nun comentario anterior que resulta que tamén era de Martín. Por sorte, non non reproducimos por xeración espontánea.

  10. Calidonia - 9 de Xaneiro de 2007 14:41

    Noraboa. Dá gusto saber que hai máis xente que se preocupa polas súas orixes.

  11. Gisela Carballada - 23 de Abril de 2007 13:06

    Leo que han buscado origen y significado de mi apellido, el mismo es de Galicia-España y significa “FAMILIA FUERTE”. Yo estoy en busca de familiares para poder continuar con el arbol genealogico, cualquier consulta mi mail es giselavc@gmail.com
    Saludos

  12. Cristina - 26 de Maio de 2007 4:56

    Buenos dias Pablo

    Mi nombre es Cristina y vivo en Argentina. Mi esposo se llamaba Jose Carballada y mis hijos son Fernando Carballada y Matin Javier Benigno Carballada.
    Mi suegro era Benigno Carballada nacido en Marin Boveda Monforte de Lugo, pertenecian a la Casa do Cristo.
    Me gustari poder armar parte de la historia familiar.
    te agradeceria te contactes con nosotros.
    Nuchas gracias.

    Mi correo es
    cesaricristina@hotmail.com

  13. Martín - 24 de Xullo de 2007 12:39

    Holaaaaaaa!!!, soy Martin Carballada vivo en Buenos Aires, mi msn es martin_carballada@hotmail.com si se quieren comunicar conmigo haganlo por ahi los veo Primos!!

  14. Gaby Carballada - 2 de Novembro de 2007 5:52

    heyyy! mi nombre es Gaby Carballada yo naci en Venezuela pero ahora vivo en Arizona. Mi papa y mis abuelos nacieron en Galicia, España. De verdad me encantaria conocer mas personas con mi apellidoooo.
    mi correo es gabby_975@hotmail.com.

  15. Xavier Carballada - 25 de Febreiro de 2008 20:35

    En Galego:
    eu son o son o fillo de javier carballada (o actual dono da casa carballada) un saudo a todos os carballadas :)
    En Castellano:
    yo soy el hijo de javier carballada (el actual dueño de la casa carballada)un saludo a todos los carballadas :)

  16. cristina - 27 de Febreiro de 2008 2:21

    hola a todos , bueno estuve armando el arbol familiar y estoy buscando gente que pertenezca a la Casa de Casbeiro en Martin Boveda
    cristina c de carballada

  17. Iria - 27 de Febreiro de 2008 22:15

    Hola, soy de “Eimer” un pueblo de Bóveda, y soy bisnieta y nieta de los Carballada de Vilamayor y Marexe,ya que los padres de mi madre (los dos)llevan el apellido “Carballada” ambos pueblos pertenecen a Monforte.Tengo un familiar, creo que en Buenos Aires, que ya hizo un árbol genealógico de nuestra familia…

  18. manuel boan - 14 de Marzo de 2008 18:10

    hola soy de Castelldefels, Barcelona, mi padre nacio en Vilamayor (Monforte).
    Efectivamente yo tengo una copia del arbol genealógico que hizo el Carballada que vive en Argentina

  19. Pablo - 14 de Marzo de 2008 19:23

    Hola Manuel, a ver si puedes ponerte en contacto conmigo (pablo@carballada.org) y hay alguna forma de que me mandes una copia. Estoy investigando por mi cuenta pero aun no avancé mucho…

  20. manuel boan - 18 de Marzo de 2008 17:39

    Hola Pablo, soy Manuel Boan, hijo de Manuel Boán Carballada, de vilamayor, mañana me voy a pasar la semana
    santa a Galicia a la vuelta prometo enviarte copia de del arbol genealógico que comenté

  21. Julio Carballada - 29 de Abril de 2008 23:57

    Hola soy Julio Carballada. Vivo en Argentina, Buenos Aires.
    Soy hijo de Luis Carballada Fernandez, nacido en Monforte de Lemos en 1919, y quien emigró a la Argentina en 1927.
    Mi hijo Gonzalo Carballada vive en la Provincia de Córdoba en Argentina. y tengo una tia hermana de mi padre que vive en Vich-Catalunia.
    Les mando un afectuoso saludo!!

  22. cristina - 8 de Maio de 2008 3:09

    hola a todos

    veo que hay quienes hay formado el arbol genealogico y nos gustaria a mi familia poder completarlo.
    mis hijos son martin javier carballada y fernando carballada, vivimos en argentina pero el origen de la familia era de Martin - DE LA CASA DO CRISTO -BOVEDA-MONFORTE DE LEMOS LUGO -
    MI Suegro se llamaba BENIGNO CARBALLADA .
    ESPERO ME CONTESTEN
    gracias Cristina
    MI MAIL ES cesaricristina@hotmail.com

  23. casbeiro@gmail.com - 11 de Xullo de 2008 20:37

    Hi Pablo,
    A ver si che podo mandar unha foto da Ponte da Carballada. Hoxe esta chea de silvas e non se ve, era un pontigo de pedra pa pasar a xente, os carros pasan embaixo. Si se mira a historia, cerca da ponte debeu estar a primeira casa dos Carballada, que era o rio Rego de Martin, que antes tinha moita mais auga, pois foi roubado por un cura pa eirexa de San Cristobo de Martin, a eirexa de Martin. Despois a casa migrou a un sitio de Martin que lle chaman a Carballada, a praza, que e un cruce de caminhos con cuatro casas dando a praza, a linea dos Carballadas da casa ainda existe hoxe con herdeiro a cabeza, asi q A Carballada non morreu.
    Apertas
    Deica outra
    Moi interesante o teu traballo i o teu esforzo, todo esta ben feito con sentido moi profesional.

  24. Rosa Boán Gonzalez - 20 de Decembro de 2008 22:11

    Hola, soy Rosa Boán Gonzalez, soy hija de Alberto Boán Carballada nacido el Vilamaior, Fiolleda. Mi abuelo se llamaba Ramón Boán Pillado, nacido en Vilamaior, y mi abuela era Maria Carballada Fernandez y tengo el árbol genealogico de mi familia, que me lo mando un primo que tenía en Cleveland, Ohio.

  25. Rosa Boán Gonzalez - 20 de Decembro de 2008 22:13

    Soy Rosa Boán Gonzalez, se me olvidó escribir mi email.
    rosaboan@hotmail.com

  26. Marcos Sueiro Carballada - 16 de Xuño de 2009 14:51

    Ola: Eu son Marcos Sueiro Carballada. Son un dos catro carballadas que vivimos na Rúa de Valdeorras (Ourense). En realida somos do concello de Monforte de Lemos, alí viviron os meus avós. Concretamente o meu avó chamábase Francisco Carballada Méndez e naceu na parroquia de Moreda en Monforte de Lemos.
    Un saúdo e cantos carballadas hai no mundo

  27. Ricardo Efrain Carballada - 11 de Agosto de 2009 21:40

    Hola Pablo…
    Yo soy el esposo de Edith Carballada. No ablo Galego. Pero ablo un poco de Casteliano. Mi padre nacio in Boveda…fuera de Monforte de Lemos.
    Mi abuelo se llamo Serafin Carballada. Yo naci en los Estados Unidos.
    Emos visitamos Espana..especialmente Monforte y Boveda.Tengo quarto ijos.
    Ricardo…Gregorio…Claudia…y Jeffry. Todos vivan in los Estados Unidos. Me gustaria saber si tengo primos…

    Ricardo

  28. Carlos Jose Carballada - 13 de Agosto de 2009 3:54

    Hola a todos los Carballada! Me da mucho gusto saber que habemos muchos mas y que de alguna forma tenemos las mismas raices. Mi visabuelo, Jose Ramon Carballada, era de Boveda. Me cuentan que le llamaban el cristo de Boveda y que su lapida en Boveda asi lo confirma. Mi abuelo Castor Carballada emigro a Cuba. Mi padre y yo nacimos en Cuba y luego emigramos a Puertro Rico para 1960. Yo tengo un hijo varon Christian Carballada y un hermano menor Carlos Daniel Carballada.
    Desde Puerto Rico abrazos y carinos para todos los Carballadas. Espero visitar a Boveda pronto. Muchas Gracias por ponernos al dia con nuestro apellido algo raro!

  29. Martina Expósito Carballada - 17 de Agosto de 2009 11:34

    Hola Pablo. grata sorpresa que se busque nuestro origen. Hola a todos los Carballada,
    Nací en el concello de O Saviñao pero vengo de San Román de Moreda Paderne, concello de Pantón. Mi fmailia dice que somos de los Carballada de Moreda. En verdad de la comarca de Lemos de donde veo que venimos todos. Siempre me dijeron que los Carballada de Moreda no son familia de los de Pantón pero por lo que veo en algun punto convergen las dos ramas.
    Tengo primos Carballada en Valencia, y hermanao en Venezuela.
    Me gustaría seguir en contacto con ustedes
    Un saludo a todos

  30. Ruben Omar Carballada - 26 de Agosto de 2009 0:52

    Hola a todos!! que gran sorpresa todo esto!! vivo en Argentina en la ciudad de Rosario, soy nieto de Nemesio Carballada nacido en la ciudad española de Orense y de Pura García de la ciudad de Valladolid. Mi padre Oscar Carballada es nacido aquí pero tiene ciudadanía española. no se mucho más que eso pero me encantaría conocer a la gran familia Carballada mi mail es rubencarballada@hotmail.com Espero su contacto y agradezco a quienes se han preocupado tanto.

  31. Lis Carlos Vazquez Carballada - 16 de Setembro de 2009 15:55

    Hola soy Luis Carlos Vazquez Carballada,,,vivo en Venezuela.. Mi mama es Isabel Carballada que nacio en Boveda, Ver y su padre era Manuel Carballada quien nacio en Martin y su madre era Anuncia Carballada quien se fue para Argentina y tuvo mas hijos en Argentina..Eso es todo lo que se.
    Es bueno saber todas estas cosas y conocer mas de nuestros origenes..
    Felicidades a Pablo por todo este trabajo…

  32. Daniel Carballada - 29 de Setembro de 2009 1:42

    Hola a todos, en epecial a Pablo que me da esta oportunidad de comunicarnos.Les cuento que mi abuelo era de Boveda, se llamaba JOSE MARIA CARBALLADA y mi abuela FLORA CAMINO, tenian SEIS hijos(ESTRELLA que nunca vino a la Argentina.Creo que tenia 4 hijas) LUIS , JOSE (3 HIJAS)mi papá MANUEL (3 HIJOS ALBERTO ,SUSANA, y YO) PURA ( 2 HIJAS)y ANGELITA ( 2 HIJOS).Vivo en Wilde,partido de Avellaneda ,provincia de Buenos Aires ARGENTINA.Estoy muy contento de escribir estas lineas y me gustaria de corazon que podamos seguir comunicandonos, en espcial con la Flia. de mi tía Estrella que los conozco por un video que trajeron de España mis tías.No tengo mas que decir y quedo a tu entera disposicion.GRACIAS

  33. isabel gonzalez - 17 de Novembro de 2009 15:45

    Hola, mi padre es de vilamayor de casa do rey, agradecería que me facilitarais información sobre esta casa.

    GRacias

Escribe aquí o que che pete: