Arquivos de Maio de 2006
Botica libre!
Aquí vai o meu primeiro post farmacéutico.
Isto vén a conta dunha nova que lin onte. Parece ser que en Portugal, o colexio de farmacéuticos xa non é o que era, e o goberno de José Sócrates decidiu dar un paso adiante, algo tímido, cara a liberalización do sector.
Xa sabedes que no Imperio Pequeno, cada goberno autonómico regula ao seu xeito. En Galicia só se poden abrir farmacias en certos lugares, tendo en conta criterios poboacionais, a localización das outras oficinas e toda esa leria…
Todo isto repercute, en teoría, nun óptimo servicio ao cliente, tratamentos persoalizados, un farmacéutico sempre disponible na porta da casa… vaia, o que se deu en chamar “atención farmacéutica“.
Pois eu, a pesares de non ter nin farmacia nin un millón de euros para comprala, sempre estiven de acordo co “modelo español“, e sempre pensei que ese control gubernamental era positivo para o principal interesado, o paciente… perdón, o cliente. Dende a facultade e os colexios farmacéuticos metéronnos o medo dun sector liberalizado no que triunfarían as grandes superficies, algo así como supermercados do medicamento, impersoais, con “caixeiras” dispensando por tras dunha xanela blindada ou mesmo por internet!!
Pois ben, aquí seguimos ese diabólico modelo, o da liberalización, a lei da selva, boticarios convertidos en mercaderes salvaxes… Vaia, pois tampouco nos vai tan mal. É certo que as boticas de sempre conviven coas cadeas… pero a “atención farmacéutica” en Irlanda e Gran Bretaña non é de peor calidade que no resto de Europa. E non será mellor? En España é máis fácil conseguir antibióticos sen receta que aquí… En fin, en Irlanda incluso o goberno garantiza a presencia de farmacias en lugares “non rendibles” e veta o asentamento de novas boticas en sitios que xa estean “saturados”.
Entón, por qué os farmacéuticos (con farmacia) españois se opoñen á botica libre? Filantropía? O ben común? A saúde pública? Parece claro que todo é cuestión de cartos. As marxes que dan as vendas van verse reducidas considerablemente, xa sabedes, a competencia… Ai, co ben que viven así…
Entón, por qué os farmacéuticos (con farmacia) españois se opoñen á botica libre? Filantropía? O ben común? A saúde pública? Parece claro que todo é cuestión de cartos. As marxes que dan as vendas van verse reducidas considerablemente, xa sabedes, a competencia… Ai, co ben que viven así…Podería ser que tivesen que vender medicamentos a un prezo máis reducido aos pobres pacientes… perdón, clientes. Terían que diversificar o negocio e ofrecer máis servicios como óptica, dermofarmacia, parafarmacia, ortopedia, análises… (aquí fan revelado de fotos e tratamentos de beleza!). Iso significaría contratar máis técnicos e mesmo máis farmacéuticos… e pagarlles!! Ai, dios!! A degradación da profesión…

9 comentarios




