Arquivos de Marzo de 2006
Tal día como hoxe…
Pois é, tal día como hoxe, disque os restos de Castelao voltaron ao país en 1984, no medio de manifas e cargas policiais, para ser enterrados no Pantéon de Galegos Ilustres.
Tiveron que pasar 25 anos dende a súa morte nunha modesta habitación do Centro Gallego de Bos Aires, e uns cantos aniños máis ata que os herdeiros do abuelo Paco enquistados na Xunta permitiron o seu regreso, que manda carallo…
Eu, claro, nin me lembro, aquel xoves 29 de marzo eu tiña 7 anos e supoño que estaría máis pendente do Barrio Sésamo ou dos cromos do Celta que do regreso dos ósos dun exiliado rianxeiro que morrera 34 anos atrás.
Todos sabemos quen era este das gafas, non? Ou deberíamos, xa non digo que todo o mundo lea os seus libros, que estaría ben, pero neste país xa non le nin dios, ou pouquiños (vale Harry Peta?), e ademáis, con isto da internet e a tele, xa estamos sobresaturados de informacións en tódolos temas, neste tamén, e moitas veces contradictorias.
En fin, haberá quen pense que Castelao é algo que queda por Coia, que de todo hai, e por iso deixo esta entradiña con links suficientes para pasar un ratiño informándose sobre a nosa historia.
No Museo Castelao tedes recursos suficientes, en liña e de gratis. Non perdades o apartado referido á súa morte e á censura de que disfrutou o acontecemento en Hespaña. Tamén tedes algo ben interesante no Arquivo Sonoro de Galicia, para aqueles que se cansan xuntando as letras para ler. Son varios contos do noso autor, en mp3! contados por 3 coñecidos contacontos.
A huevo, vaia…
21 comentarios


